Visitas guiadas ao volanteiro Piueiro

O flamante volanteiro guardés, buque insignia da asociación Piueiro, xa pode ser visitado.

Visitas guiadas Piueiro

Todos os martes e xoves, desde o 14 de xullo ao 27 de agosto, poderemos coñecer de perto esta soberba embarcación. O punto de encontro será o Peirao do Porto (escaleiras) ás 20:00.

Lembra que para asistir ás visitas é necesario inscribirse previamente a través da Oficina de Turismo, acodindo ás súas instalacións na Praza do Reló, chamando ao teléfono 986 61 45 46 ou escribindo a aguarda.oficina.turismo@gmail.com.

A actividade é completamente gratuita.

Dada a situación sanitaria é obrigatorio o uso de máscara.

Desde Piueiro avanzan xa que a visita do xoves 23 de xullo será trasladada ao domingo 26 de xullo.

Etiquetas
piueiro

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *