A partir do próximo venres 18 de novembro e até o domingo 27, Viveiro acollerá unha multitude de actividades relacionadas coa cultura marítima e fluvial no marco da edición 2022 de Vivemar.
Promovidas por Pratodo e Lobishome Produccións, e coa implicación de diversas institucións e empresas locais, as xornadas ofrecerán ao público un nutrido programa de actividades que terán lugar en diversas localizacións do municipio.
O programa inclue presentacións de libros, proxeccións, palestras, debates, roteiros e outras iniciativas ao longo de dous intensos fins de semana.
A continuación podedes consultar o programa completo do evento.