A Asociación Mar da Pedra de Amigos das Gamelas, en colaboración cos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) veñen de publicar un “Vocabulario Náutico Galego” que recolle case 3.000 termos relacionados co mar e os barcos, con equivalencias en galego, portugués, español, inglés e francés.
O vocabulario pode ser consultado nas seguintes ligazóns:
A coordinación do traballo correu a cargo de Tiago Pérez Glez-Arís, enxeñeiro naval e capitán de iate, Paz Taracido Reinaldo, filóloga inglesa con master en tradución, patroa de embarcacións de recreo e Nuria Pahino Dasilva, técnica lingüística, tradutora.
Os autores animan a realizar suxestións, correccións e outras achegas escribindo a 3dnav@3dnav.eu.