Voltamos de Brest

Xa estamos na casa, logo dunha semana de traballo, tamén de festa pero sobre todo de traballo, os nosos barcos e os membros da expedición galega, incluidos os encargados de cargar os barcos logo do remate da festa, xa están na casa.

É dificil para quen estivo alí explicar o que foi Brest08, cada persoa viveuno dunha forma distinta, e é tal o tamaño do evento que é moi dificil de resumir.
Se hai que resumilo en poucas palabras, poderíamos dicir que se fixo un bo traballo, que se fixo ben, que se deixou moi boa sensación na xente, que se explicou que é Galicia e súa cultura do mar e dos rios.

Foron moitos os galegos emigrados que se achegaron ao noso “village” para falar connosco, xente que se sentía orgullosa do traballo que se estaba a facer.

Os membros da expedición galega voltamos cansos, pero moi contentos e orgullosos do traballo feito.
Agora iremos poñendo mais fotos do evento, e iremos dando conta das fotos e comentarios que se publiquen noutros medios.

Animamos a todos os presentes en Brest a compartir as súas fotos e as súas vivencias, xa sexa aquí ou noutro sitio. Foi moito o vivido e fan falla as visións de todos para que quede constancia do traballo feito por todos, desde o primeiro ao último da expedición todos traballaron moito e ben e ese traballo merece ser coñecido por todos os que non puideron asistir a Brest.