A música é un elemento moi importante do Encontro, como o é no mar, ainda hoxe que xa non se halan os aparellos a man nin se botan os barcos coas tostas. O programa músical do X Encontro foi feito con tempo e seleccionando os grupos que podían acair á festa, pero como noutras moitas cousas, non houbo financiamento e tívose que botar man de voluntarios.
Non habería cartos, pero si que houbo músicos, moitos e moi bos. A calquera hora podías cruzarte cun cuarteto tradicional, pandereteiras, grupos grandes tradicionais, ou simplemente grupos de persoas que cantaban, como se pode ver nos videos e nas fotos.
Foron moitos para nomealos a todos, viñeron de moitos pobos, non só de Carril, pero queremos mencionar a Viñalar Fantastic Band, que actuaron o sábado pola noite, porque eles se ofreceron a tocar gratis, porque había moito tempo que non actuaban en público e teñen un directo impresionante, porque xa teñen actuado hai anos noutros encontros e porque entre os seus componentes hai dúas das persoas, carpinteiros de ribeira, que participaron hai 20 anos na recuperación do pecio da Marina, a última lancha xeiteira.
O Encontro sen música non sería o mesmo. A música, como o resto, foi cousa de voluntarios. A todos os músicos, moitas grazas.
(Foto Mar da Pedra)
Un comentario sobre “X Encontro, Carril 2011. A música”
Comments are closed.
proba