X Encontro, Carril 2011. Actividades para hoxe e mañán

Hoxe está previsto inaugurar a exposición Lobos de mar na Sá de exposicións do C.A.D. Gato Negro en Carril, ás 19 horas. Esta exposición está integrada por fotografías realizadas por Margó Fernández Crespo e maquetas de embarcacións feitas por Manuel García Ramos.

Mañán ás 13:00 horas farase a presentación oficial do X Encontro na sede do Concello de Vilagarcia.

Pola tarde inaugurarase a exposición Carril, deitado no mar no Salón do C.A.D. Gato Negro, ás 19 horas. Elaborada polo Faiado da Memoria, consiste en imaxes vellas que recollen a relación de Carril co mar.

Tamén é posible visitar cun guía a Illa de Cortegada todos os días desta semana, ás 18:00 horas, ao prezo de 10 euros persoa. Os tickets pódense comprar na carpa do Parque Nacional das Illas Atlánticas no Peirao de Carril.