A artesanía estivo presente da man dunha exposición-obradoiro patrocinada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A Fundación seleccionou de acordo cos organizadores un grupo de artesans de diferentes especialidades, pero que tivesen relación co mar ou o traballo da madeira. Houbo zoqueiros, cesteiros, especialistas na talla de madeira, palilleiras, pinturas sobre tela, xoieiros, e luthiers.
A xente encheu os stands porque os productos mostrados eran de gran calidade, e os artesáns facilitaron que o público se sentise cómodo preguntando, e incluso participando nalgunhas labores.
Ademais destes artesáns, houbo persoas de Carril que mostrarón o seu saber no traballo relacionado co mar, por exemplo un mestre veleiro mostrou como se relingaba unha vela dun bote de Carril.
Desde aquí queremos darlle os parabéns a todos os que compartiron o seu saber artesán e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño que desde o primeiro momento mostrou unha actitude proactiva respecto do X Encontro.