X Encontro, Carril 2011. As exposicións

As exposicións do X Encontro sufriron tamén o recorte no orzamento, pero ainda así os organizadores foron quen de artellar varias exposicións de calidade, grazas tamén a que os creadores non recibiron un peso polo seu traballo.
Como xa anunciáramos foron 4 exposicións, dúas a cuberto, Lobos de mar: fotografías e maquetas; e Carril deitado no mar: mais de mil fotos antigas de Carril; e dúas ao aire libre, Berros no roncar das ondas:fotografías e versos; e Mar ao xeito: historia das xeiteiras.

Queremos agradecer a súa colaboración imprescindible a todos os que cederon o seu traballo e o seu saber para facer estas exposicións. Foron: Margó Fernández Crespo, Manuel García Ramos, O Faiado da Memoria, Xacobe Meléndrez Fasbender, Bernardino Graña, e a xente que participou na exposición das xeiteiras.

(Foto Mar da Pedra)