Comezaremos as crónicas do X Encontro pola presencia de radioafeccionados. Quen visitou Carril estes días puido ver unha pequena carpa no final do peirao. Nela estaba a mostra de aparatos antigos relacionadas coa radiotelefonía e o salvamento, e un grupo de persoas que constantemente estiveron mantendo contacto con todo o mundo desde alí. Todo o mundo? 667 contactos con 44 paises, e incluso unha base antártica.
O stand pertencía a Asociación de Radioaficionados de Padrón, ASORAPA, que estableceu alí a EG1ETG, unha estación especial con motivo do Encontro.
Como di o seu secretario nun comentario neste web, estaba prevista unha charla sobre a relación entre a radio e o mar, que desgraciadamente non puido realizarse. Este tema, a relación radio-mar parécenos moi importante, non so desde o punto de vista histórico, senón actualmente, xa que cada vez son máis as persoas que so coñecen ou usan o teléfono móbil no mar, cos problemas de seguridade que eso conleva. Lamentablemente as circunstancias especiais deste Encontro non fixeron posible a charla.
Desde aquí felicitamos a ASORAPA polo éxito da súa estación, agradecémoslle a súa colaboración no X Encontro e esperamos velos no seguinte.
Facebook de ASORAPA
Fotos da EG1ETG