X Encontro, Carril 2011. Os profesionais do mar

A foto de arriba mostra o estado normal do porto de Carril: máis de 100 barcos ocupan diariamente os pantaláns. A mañán do 30 de xuño, o primeiro día do Encontro, este porto estaba baleiro. Os armadores destes barcos levaronos a unha dársena do porto de Vilagarcia, cedida pola Autoridade Portuaria, e deixaron libres os seus amarres para os barcos tradicionais.
Os profesionais non so cederon os amarres, tamén aportaron lanchas para ofrecer apoio aos barcos nas navegacións e no paso de xente á Cortegada.
A colaboración da Confraría de Pescadores de Carril e da Asociación de Parquistas foi vital para poder facer o Encontro. Tamén polo mesmo motivo foi vital a colaboración da Confraría de Vilaxoan para facer a xornada previa do Encontro alí.
Agradecemos profundamente o apoio dos mariñeiros, sabemos que é molesto ter que mover os barcos, e valorámolo máis sabendo que ven de xente que todos os días sae a traballar ao mar. A todos os profesionais do mar, moitas grazas

Un comentario sobre “X Encontro, Carril 2011. Os profesionais do mar

  1. De certo, moitas grazas aos mariñeiros de Carril e Vilaxoán pola colaboración neste encontro e esperamos que noutros tamén.

Comments are closed.