X Encontro, Carril 2011. Sae a Ardentía nº 6

A pesar de que inicialmente estaba previsto que non se publicase a revista Ardentía como foi habitual en pasados Encontros, finalmente gracias á colaboración do Museo do Mar é posible poñer na rúa o número 6 desta revista de cultura marítima e fluvial.

Ademais do X Encontro, e dado que Cortegada é unha illa que xoga un papel fundamental na historia de Carril, este número 6 está adicado ás illas galegas.

Atoparedes artigos sobre Cortegada, Arousa, Ons, illas do norte, e as ínsuas dos rios. Tamén sobre a Plataforma para o estatuto jurídico das embarcações históricas e tradicionais, sobre o Salgueirón e o conflicto que manten o pobo de Cangas en defensa do seu patrimonio, sobre a historia do porto de San Cibrao, sobre os naseiros do Grove que andaban á langosta, sobre o asociacionismo mariñeiro en Sada, e sobre o inventor dos casulos para iscar as nasas. Ademais dunha crónica sobre Muros e a sección Sino de proa con recensións de libros publicados desde a saída do número 5 de Ardentía.

É de xustiza agradecer a Luís Rei, director da revista, ao resto do equipo editorial e a imprenta, o traballo feito en tempo record nos días anteriores ao X Encontro para que a revista chegase a tempo a Carril.

Podedes facervos unha idea sobre este numero de Ardentía vendo esta versión en pdf que contén o índice, a presentación, e a primeira páxina de cada artigo