O vindeiro sábado 10 de agosto vai ter lugar a X Xuntanza de Embarcacións de Moaña, organizada pola Asociación Sueste. A pesar da falla de axudas e cun orzamento de mínimos o programa inclue máis actos que a navegación. Mañá mércores 7 haberá de 19:00 a 21:00 h unha xornada de Portas Abertas no estaleiro de Sueste, e ás 19:00 h un recital poético-musical desde o Eliseo. O xoves 8 haberá de 19:00 a 21:00 h xornada de Portas Abertas no estaleiro de Sueste, seguida da presentación do libro Íria, de Anxo Angueira.
O programa previsto para o sábado 10 constará de navegación pola mañá a partir das 12:00 ata as 14:00 h co percorrido: saída do peirao da Mosqueira en dirección ao peirao de Meira entre as bateas e terra (boias) e regreso ao peirao da Mosqueira. Pola tarde haberá navegación libre e se é posible Regata de galeóns.
Os interesados en participar co seu barco teñen que cubrir a folla de inscricion e enviala a asociacionsueste@gmail.com é importante que isto se faga o antes posible para facilitar o traballo de organizar os atraques. Lembramos que os barcos teñen que ter os seguros ao día.