A Televisión de Galicia estrenou o sábado 16 de novembro o documental Reto Astrolabio, unha aventura protagonizada por un grupo de oito mariñeiros galegos que consistía en atravesar o océano Atlántico a bordo da embarcación Peregrina utilizando unicamente instrumentos do século XVII. Desgraciadamente, o reto interrompeuse o pasado 29 de marzo, a só tres días da chegada a destino, pola tráxica morte do seu capitán, Javier Babé.
Durante 95 minutos, o documental narra como foi a navegación até a tráxica xornada da morte de Babé, un claro exemplo claro da súa pericia como navegante a vela, capaz de atravesar o Atlántico. Alejandro Diéguez, compañeiro de Babé e produtor do documental, declarou nunha noticia do Faro de Vigo que o Reto Astrolabio “é un documento gráfico que mostra un gran respecto pola memoria do capitán, sen dramatizacións nin referencias morbosas ao ocorrido que, evidentemente, non se oculta, pero se trata con todo o respecto posible e sempre centrándose na memoria de Babé”.
A Peregrina partiu desde a Illa de Arousa o 27 de febreiro deste ano camiño da Gomera. A embarcación permaneceu nesta illa canaria até o 12 de marzo, momento no que deu comezo a travesía polo Atlántico para alcanzar outra illa ao sueste do Caribe, A Desexada. A partir dese punto, a tripulación deixou de empregar os máis modernos instrumentos de navegación. Ao lugar de destino chegaron tras ter que interromper o reto tres días antes debido á morte do capitán Babé
O obxectivo deste documental, de 90 minutos de duración e no que participa a TVG, é ofrecer á audiencia unha experiencia única de viaxe no tempo, mostrando como era a navegación até o século XVIII e destacando a importancia da experiencia e das habilidades daqueles navegantes en contraposición coas tecnoloxías modernas.
A aventura puido seguirse desde terra a través da páxina web (www.retoastrolabio.com) actualizada con un tracking vía satélite.
Podes ver o documental completo na seguinte ligazón: