No pouco tempo que leva aberta a inscrición de barcos xa son 46 os que confirman a súa presenza en Carril, algúns deles asistirán por primeira vez a un Encontro como a dorna Sara.
Lembrámosvos que é importante que quen teña pensado asistir faga a inscrición o máis axiña posible para facilitar o traballo de lóxística dos organizadores.
Foto: dorna Sara o día da botadura (dornasara.blogspot.com)