Está aberto o prazo para apoiar económicamente aos armadores do Hidria para traelo de volta a Galicia. Neste momento hai 320 euros recadados e quedan 68 días para conseguir o resto dos 6000 euros precisos para financiar a viaxe entre Puerto Sherry (Cádiz) e o Grove.
A forma de apoiar economicamente ao Hidria é a través da páxina Lanzanos.com usando PayPal ou tarxeta de crédito. É preciso aclarar que os cartos só serán cargados na tarxeta ou conta de Paypal se se chega ao total de 6000 euros, se non se chegase non se faría cargo ningún.
Os armadores do Hidria están preparando o procedemento necesario para a xente que queira apoiar sen usar Paypal ou tarxeta.
Cada cantidade de cartos da dereito a unha recompensa determinada, que van desde unha visita individual á sala de máquinas ata o uso da cántara do barco como sala de exposicións catro horas diarias durante unha semana.