Xeira Marítima: “Naufraxios na Ría de Baiona”

O vindeiro martes 20 de agosto vai ter lugar a Xeira Marítima: “Naufraxios na Ría de Baiona” pola costa do Val Miñor organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos. A Xeira conta coa participación de dous coñecidos persoeiros: o arqueólogo Xosé Lois Vilar e o actor e contacontos Quico Cadaval. Ambos os dous serán os encargados de achegar as historias, contos e lendas que nacen destas ribeiras, especialmente as relacionadas aos naufraxios que dende tempos remotos tiveron lugar na bisbarra.

O punto de encontro será no porto de Baiona ás 20 horas e a participación está suxeita a unha inscrición previa. Para asistir á Xeira Marítima é preciso abonar previamente a viaxe. Prezos: Menores de 3 anos, de balde; 3-10 anos: 10 €; maiores de 10 anos: 15 €.
Pode informarse no teléfono (680644490) ou na sede do IEM (Avda da Feira Nº10, baixo, Gondomar) de luns a venres de 18 a 22 horas.