XI Semana do Mar. Marín

O luns comeza a XI Semana do Mar, organizada pola Asociación de Pescadores de Aguete “Chirleu” e o Grupo Cultural Ronsel, do Seixo, coa colaboración do Concello de Marín.

O programa previsto é:

Luns 30: apertura da Semana do Mar coa exposición ”A flota de Marín por un mar limpo” cedida pola Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra (20:00 h).
Martes 1: conferencia de D. Manuel Domínguez Rei : “A conservación do medio mariño” (20:00 h).
Mercores 2: proxección do documental “Océanos de plástico ” (2007) de Sandrine Feydel para T.V. France (20:00 h).
Xoves 3: conferencia de D. Benito H. Calviño Campelo: ” Por un mar limpo. A experiencia do porto de Marín e a súa flota” (20:00 h).
Venres 4: proxección do documental “Pescado ¿non tan san?” (2014) de Nicolás Daniel e Louis Barbeyrac para R.T Rusa (20:00 h)
Sábado 5: excursión ó Museo do Mar da Guarda (con saída da Casa de Cultura de Seixo ás 10:00 h).
Domingo 6: saída a vela en embarcación tradicional dende o porto de Aguete (11 :00 h).
Clausura da Semana do Mar coa proxección do documental ”Planeta Océano” (2013) de Yann Arthus-Bertrand e Michael Pitiot (18:00 h).

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.