XII Regata-Concentración de Embarcacións Tradicionais “Porto de Redes”

Os vindeiros 25 e 26 de xullo vai ter lugar en Redes a XII Regata Concentración de Embarcacións Tradicionais “Porto de Redes”, organizada polo Club Marítimo de Redes.

O programa o venres 25 inclue Desafios entre barcos (tipo match race) a partir das 17:00 h e logo Cea mariñeira (é preciso apuntarse en cmr@caamouco.net). O sábado 26 pola mañá haberá xogos de kayak de mar para nenos ás 11:00 h, saída en kayak ás 16:30 para ver a regata e ás 17:00 h comezará a Gran Regata-Concentración de Embarcacións Tradicionais, coa entrega de agasallos ás 20:00 h. A partir das 21:30 h haberá paparota de callos e concerto.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.