XIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña

Os vindeiros día 13 e 14 de agosto vai ter lugar a XIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña, organizada por Sueste. Este ano a Xuntanza pasa a ter dous días ao tempo que hai varios eventos relacionados desde o sábado previo e por segundo ano forma parte da programación municipal Días de mar.

O vindeiro sábado 6 ás 18 h no estaleiro de Calragho vaise botar o bote Domaio, restaurado por membros da Asociación a partir dun estado inicial moi deficiente.

Xa na semana seguinte os actos serán:

08.08.2016 (Luns)
– Proxección do documental: “Galeóns” do Museo do Mar de Galicia, por Rafael Vilas Otero; ás 21,00 horas, estaleiro de Casqueiro.

09. 08.16. (Martes)
– Presentación da revista “Sueste”, ás 21,00 horas.
ación do grupo “Fiandola”; ás 21,10 horas, estaleiro de Casqueiro.

10.08.16 (Mércores)
– Presentación do libro “Os fillos da fame” de Ismael Ramos; ás 21,00 estaleiro de Casqueiro.
– Recital poético – musical ao mar.

11.08.2016 (Xoves)
– Charla: “Colón, galego”; por Guillermo García de la Riega, biógrafo de Celso García de la Riega, autor da teoría de Colón de Pontevedra; ás 21,00 horas, estaleiro de Casqueiro.

Durante todos os días haberá:

– Portas Abertas nos estaleiros de “Carlagho” e “Casqueiro”. 19,00 a 21,00 horas.
– Exposicións: “Patrimonio do sal e do vento”.(estaleiro de Carlagho). 19,00 a 21,00 horas.
– Exposición de fotografías: “O futuro era inmenso. Terranova anos 50”.

As navegacións serán o sábado 13 mañá e tarde e o domingo 14 só pola mañá. A saída dos barcos está prevista para ás 12:00 e as 17:00 h.

As persoas interesadas en participar co seu barco teñen que cubrir a folla de inscrición e enviala a asociacionsueste@gmail.com. Haberá xantar para os participantes e os que precisen pernotar terán espazo no Albergue Municipal, así como atraques no porto deportivo se precisan chegar o marchar algún dia antes ou despois da Xuntanza. Lembrámosvos que os organizadores precisan saber o antes posible os barcos e tripulantes que van participar para poder arranchar o relacionado coa loxística.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.