Os vindeiros días 22, 23 e 24 de agosto vai ter lugar a XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro, organizada polo Clube Mariño A Reiboa.
O programa da Concentración como noutros anos é amplo: navegación libre, regata a remos, a IX Regata da Pamplina, proxección dun documental, exposicións fotográficas, Mostra de canción mariñeira, e actuacións musicais moi variadas.
Os interesados en participar co seu barco teñen que cubrir a folla de inscrición e enviala a cmreiboa@gmail.com o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores coa distribución de atraques e previsión de comidas.
hola, estoi intentando inscribirme para la regata a remos y no soi capaz! como debo hacer?
Por favor, contacta con A Reiboa en cmreiboa@gmail.com para apuntarte para a regata de remos.