Xornada de navegación educativa

Os nenos do CPI de Panxón participaron unha xornada de navegación en embarcacións tradicionais para complementar un traballo previo sobre o mundo da pesca artesanal e as embarcacións tradicionais. Esta actividade forma parte das financiadas polo proxecto Proamare. O pasado 18 de decembro visitaron as instalacións do CETMAR onde entre outras moitas cousas aprenderon como funciona unha boia oceánica e logo embarcaron nos barcos de Mariñeiros de Bouzas. Saíron ao mar un galeón, unha traiñeira, unha dorna xeiteira, unha buceta, e un racú.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.