Este sábado celebraremos en Muros a xornada de navegación inclusiva “Sentir o Mar”, na que colabora o GALP Costa Sostible e todos os colectivos do patrimonio da ría (Canle, Mar de Muros, Ostreira, Terra de Outes e Joaquín Vieta). Despois da navegación ou visita guiada á Mariña Tradicional, no caso de mal tempo, haberá un petisco de convivencia entre tripulacións e demais participantes. Está prevista ademais a asistencia da directora xeral de desenvolvemento pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo. A xornada comezará ás 11 na lonxa nova de Muros.