Os Patexeiros organizan unha interesante xornada adicada á reciclaxe de materiais náuticos como velas, redes, lonas, plásticos e outros; que serán convertidos en obxectos útiles como bolsas, carteiras, maceteiros, etc.
A actividade terá 5 horas de duración, comezando o próximo 13 de maio ás 15:00 nas instalacións de Finishterra Sails, na Dársena Deportiva de Oza, A Coruña. A participación será gratuita para as persoas socias e ten un custe de 25€ para as alleas á asocación.
Para máis información, podedes contactar cos Patexeiros no 696 885 666 ou por email escribindo a ospatexeiros@gmail.com.