Xornada sobre a futura Lei de xestión e administración portuaria de Galicia

Mañá martes 3 de decembro vai ter lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) unha xornada sobre a futura Lei de xestión e administración portuaria de Galicia, organizada por Portos de Galicia.

O obxectivo desta xornada é poñer en común as liñas directrices que rexerán a futura Lei de Xestión e Administración Portuaria de Galicia, na que está a traballar o ente público. Á xornada asistirán máis dun cento de axentes e colectivos representantes do sector profesional, empresarial, comercial e a náutica recreativa. Entre os temas que se abordarán inclúense a seguridade xurídica dos trámites administrativos, a planificación do solo portuario, a sustentabilidade na xestión, a concepción dos portos galegos como espazos de convivencia de actividade e os retos e oportunidades da nova lexislación.

(Imaxe Portos de Galicia)