Xornada sobre embarcacións tradicionais e buques históricos

A Comisión de Embarcacións Tradicionais da Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos de España en colaboración coa Fundación Ingeniero Jorge Juan, organizou para o vindeiro 19 de marzo, unha xornada de “Embarcaciones Tradicionales y Buques Históricos”, que inclúe unha visita a un esteleiro de construción de embarcacións tradicionais en Málaga, unha mesa redonda que se poderá seguir on-line e moitas outras actividades.

No seguiente enlace, pódese acceder ao programa da xornada.

É necesaria a confirmación de asistencia tanto presencial como telemáticamente a través de embarcacionestradicionales@gmail.com antes do 15 de marzo.