O vindeiro día 30 de maio vai ter lugar en Sada unha Xornada Técnica de Navegación Tradicional, organizada pola A.C.Mariñeira “Os Patexeiros”.
Será as 11 da mañán na Casa da Cultura, e consistirá nunha conferencia sobre as embarcacións da zona norte, a cargo de Bernardo Máiz e César Bedoya, seguida por unha mesa redonda na que participarán o Capitán Marítimo de Sada, o presidente da AAETG, o director do Museo do Mar de Galicia, e o presidente de Portos de Galicia.
Logo dunha comida na que é preciso apuntarse, haberá unha reunión con xente maior de Sada e debate sobre a retauración do Balbina, un patexeiro de 1944, con visita ao barco e ao paseo marítimo de Sada.
Máis información e inscrición en Patexeiros
3 cometarios sobre “Xornada Técnica de Navegación Tradicional. Sada”
Comments are closed.
Moi boa esta Xornada Técnica. Totalmente recomendado para outra ocasión, para o que non pudo ir desta vez. Faláronse cuestións de moito interés para todos os aficionados. Os ponentes levaban os deberes feitos e contestaron a todas as preguntas que se lles fixeron, e prometeron botarnos unha man en certas cuestións. A comida con que nos deleitaron, impresionante, e a xornada de tarde estupenda, coa participación da xente maior de Sada, contándonos as súas vivencias e falándonos dos motores de mecha, dos patexeiros, etc… Eles son a memoria histórica. Tamén estivo fenomenal a visita polo paseo marítimo.
Moi dacordo, as intervencións de Bedoya e Maiz e as proieccións que fixeron clarearon moito que é e como é o patrimonio maritimo do norte de Galicia. Despois o capitán maritimo de Sada e o de Portos de Galicia moi clariños, non esquivaron nada, e Victor e Pablo Carrera deron unha lección.
Felicidades aos Patexeiros e adiante.
Eu fun a Sada á tarde e os comentarios do que ytrataran pola mañán eran moi positivos.
As explicacións que deron os de Ferrol dos barcos que había en terra foron moi boas.
Agora que se apunte xente.