Os vindeiros días 16 e 17 de decembro van ter lugar dous eventos na nova sede de Mariñeiros de Bouzas. O venres 16 ás 20:00 h haberá unha charla con D. Isidro Alonso Marcial, “Tesouro humán vivo”, organizada pola Asociación Cultural Vila de Bouzas e coa colaboración de Mariñeiros de Bouzas.
O sábado 17 de decembro haberá unha Xornada do patrimonio marítimo, organizada por Mariñeiros de Bouzas. Ás 11:00, 12:00 e 13:00 h haberá visitas guiadas ao pantalán de barcos tradicionais. Pola mañá tamén haberá un obradoiro de pesca infantil. Ás 18:00 h haberá a charla Para que conservar o patrimonio marítimo?. E de 11:00 a 20:00 h estarán abertas as exposicións Os primeiros motores foraborda en Galicia, e Patrimonio do vento e do sal.