O espazo rural Maruxío, situado en Terreboredo, A Estrada, organiza no fin de semana do 14 e 15 de maio unha feira que conectará o rural interior co mundo do mar a través dunha intensa programación de actividades.
O evento incluirá charlas, obradoiros, exposicións, debates e presentación de diversos proxectos relacionados co mundo do mar; moi especialmente coa cultura e tradicións mariñeiras. Non faltará tampouco a música tradicional e a oferta gastronómica para desfrutar as xornadas.