Xornadas Técnicas AINE – ENM

A Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos de España (AINE) e a Escuela Naval Militar (ENM) de Marín organizan entre os días 5 e 6 de novembro a terceira edición das súas Xornadas Técnicas, que levan por título “De la vela y la madera al vapor y el hierro: El Siglo XIX”.

O programa das xornadas, que podedes consultar no arquivo anexo, abarca multitude de temáticas relacionadas con ese contexto histórico, que serán desenvolvidas por ponentes especializados na materia.

Para participar no evento é necesaria a inscrición con nome e DNI, antes do 30/10/2021 –se se vai acceder en coche, tamén marca e matrícula do mesmo– que debe ser dirixida á Delegación Territorial de Galicia da AINE: galicia@ingenierosnavales.com / 981 37 22 00.

Ademáis, as xornadas serán retransmitidas por streaming en https://www.facebook.com/EscuelaNavalEsp.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *