A Xunta crea unha taxa para as embarcacións deportivas que naveguen e fondeen nas Illas Atlánticas

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2017 | Actualizada ás 13:34 por EUROPA PRESS

A Xunta creou unha taxa para a obtención dunha autorización de navegación e fondeo de embarcacións deportivas en augas do ParqueNacional das Illas Atlánticas.

Illas Cíes | Fonte: Europa Press

Así figura na lei de acompañamento do proxecto de orzamentos do Goberno galego para 2018, que recolle que a autorización de navegación terá un custo de 15,15 euros, cunha validez durante tres anos.

Pola súa banda, en función do tipo de embarcación, a tarifa por día para fondear en augas das Illas Atlánticas oscila entre os 4,55 euros –menos de 12 metros de eslora– e os 101 euros –de 20 a 35 metros de eslora–. O máximo autorizable son cinco días consecutivos.

De tal forma, a estimación do Goberno galego nos seus orzamentos do ano que vén é que esta tarifa supoña uns 419.000 euros de recadación para a Xunta.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.