XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu

O vindeiro venres 19 comeza o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu, organizado por Os Galos e que este ano coincide coa Festa do Polbo.

Esta semana tamén é a Semana Mariñeira, organizada polo Concello de Bueu, e onde colaboran Os Galos. Durante a semana Os Galos ofrecen a posibilidade de facer travesías pola enseada de Bueu nos seus barcos e unha exposición sobre carpintería de ribeira na sala Amalia Domínguez, onde tamén poderán apuntarse os interesados nas travesías.

Os interesados en participar cos seus barcos no XV Encontro teñen que encher a folla de inscrición o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores.