XV semana do Mar en Seixo – Marín

A Casa da Cultura de Seixo, situada na rúa Ángel Araujo Escribano, acollerá a nova edición da Semana do Mar. Dita semana, que discurrirá do luns 2 de decembro ó domingo 8 centrarase en especial no mundo dos cetáceos.

Con esta xa van quince edicións desta cita imprescindible, organizada pola Asociación de Pescadores de Aguete “Chirleu” e o Grupo Cultural Ronsel (Seixo-Marín), coa colaboración nesta ocasión do Concello de Marín, o Cine Seixo e a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños).

A organización xa avanzou a programación da que poderán disfrutar os asistentes ó abeiro das xornadas da XV Semana do Mar:

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 
LUNS 220:00 hrsExposiciónGolfiños na proaCEMMA
MARTES 320:00 hrsConferenciaTartarugas e mamíferos mariños de GaliciaD. Alfredo López Fernández
MÉRCORES 420:00 hrs DocumentalProxección: A caza da balea en Galicia (2014) CEMMA
XOVES 520:00 hrsConferencia Metodoloxía de estudo dos cetáceosD. Pablo Covelo Figueiredo
VENRES 609:00 hrs ExcursiónMuseo do Mar de Caión en A Laracha, Coruña.Saída da Casa da Cultura de Seixo
SÁBADO 718:00 hrs DocumentalProxección: Os últimos baleeiros (2005) Léttera Visión
DOMINGO 811:00 hrs
 Saída a VelaEmbarcación tradicionalSaída dende o Porto de Aguete
DOMINGO 8
16:30 hrs
 Film ClausuraProxección: Liberad a Willy (1993)

 

 

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.