Aberto o prazo para presentar proxectos para o XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia de 2025

En cumprimento do acordado na Asemblea Xeral Ordinaria de Culturmar, celebrada o pasado sábado 25 de novembro, infórmase que hoxe luns día 27 de novembro queda aberto o prazo de presentación de proxectos para a celebración do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar en 2025, prazo que permanecerá aberto até o día 26 de febreiro de 2024.

Os proxectos poderán ser presentados polas asociacións ou entidades federadas en Culturmar que o desexen, consonte as Bases vixentes que rexen a elaboración e presentacións dos mesmos, e que poderán ser consultadas a través da páxina web de Culturmar.

Os proxectos deberán ser remitidos por correo electrónico a secretaria@culturmar.org e, unha vez recibidos, Culturmar convocará unha Asemblea Xeral Ordinaria, prevista para marzo de 2024, na que serán sometidos a análise e aprobación, momento en que se informará oficialmente da sede do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – 2025.