XVII Parrocheira. Ferrol

Os vindeiros 5 e 6 de setembro vai ter lugar en Ferrol a XVII Parrocheira, organizada pola Sección de Vela Tradicional do Club do Mar de Ferrol.
Máis información e inscrición nos teléfonos 629 33 96 47// 629 87 12 42
Este é o programa:

Sabado 5.
11:00h Recepción de embarcacions na carpa instalada en Curuxeiras.
As 12:00h saida ao mar de todalas embarcacions para facer unha volta a ria.
As 14:00h na taberna mariñeira instalada dentro da carpa, comida para os tripulantes consistente en peixe afumado e marmitako. (a comida e unha bebida por conta do Club do Mar).
As cinco e media volta ao mar dunha embarcación, O pajarito, de 1906, bote pulpeiro remontado por Salvador, o carpinteiro que traballou nos Encontros de Ferrol construindo o Carabullo, unha media construción.
Para este acto, contamos coa axuda de Antón Varela, gaiteiro compoñente do grupo Cempes e un dos máis prestixiosos de Galicia.
A continuación saida ao mar de novo acompañando ao Pajarito.
Cea na carpa amenizada por un grupo Folk.

Domingo 6.
12:00h Saída ao mar
Voltaremos á taberna mariñeira para tomar caldo limpo e o xamon que como é sabido todolos anos pola Parrocheira se leva un participante na mostra de Embarcacions. (Sempre encontramos un motivo para que o leve un dos participantes)
Pero, leva os osos, xa que o xamon o baixamos con pan e o caldo limpo o Domingo a mediodia.

O nove metros, embarcación emblematica da Seccion será levado por xente do Club de remo A Cabana.
Na taberna mariñeira temos o mellor cociñeiro, Juan Carlos do CABAZO. En donde se pode comer as mellores viandas: churrasco, criollos, orella á plancha etc. E por suposto, marmitako e peixes afumados.