Do vindeiro 26 ao 28 de xullo vai ter lugar a XVIII Concentración de Embarcacións Tradicionais. Combarro 2013, organizada polo C.M A Reiboa e que conta no seu programa coa afamada VIII Regata da Pamplina e a regata de dornas a remo. (Logo da regata de canoas no XI Encontro parece que houbo conversas cos gañadores, de Esteiro, para a revancha con dornas en Combarro, veremos que sucede).
Este ano non haberá actuacións musicais na carpa, pero si que no Peirao da Chousa actuará o venres Treixadura e o sábado Astarot e Los Suaves.
Os interesados en participar co seu barco poden facelo cubrindo a folla de inscrición e enviadoa a cmreiboa@gmail.com
5 cometarios sobre “XVIII Concentración de Embarcacións Tradicionais. Combarro 2013”
Comments are closed.
¿ Non cadra ca Festa do Mar ?.
Cadra ca festa do mar que se celebra do 24 ao 28 de xullo
http://www.concellopoio.com/turismo.php?area=02&seccion=25&subseccion=111&evento_ref=00514
Saudos
E tamén cadra ca IV Mostra das Tradicións Mariñeiras que se fai no Porto de A Guarda do 25 ó 28 de Xullo.
No se anula la concentración?
Non se anula.
O Concello de Poio modificou o calendario de actividades pasando os concertos do Armadiña Rock da noite do 25 á noite do 28, pero a concentración segue coas datas previstas.