Os vindeiros 29, 30 e 31 de xullo vai ter lugar o XX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu, organizado polos Galos.
Do programa destacamos a charla-coloquio “Feitura e xenero do traxe mariñeiro tradicional” con Andrea Menéndez no Museo Massó o 29 ás 21:00 h, a visita guiada ao Museo Massó o día 30 ás 12:00 h e a largada dunha rapeta na praia da Banda do rio o mesmo día 30 ás 20:00 h e por suposto haberá navegacións o 30 e o 31.
Durante a semana do 25 ao 31 de xullo haberá unha exposición e obradoiros para nenos na Sala Amalia Domínguez, sigraduras didácticas coas asociacións de Bueu e un obradoiro de confeccións de redes no Museo Massó o xoves 28 ás 12:00h
Os interesados en participar co seu barco teñen que inscribirse enviando esta ficha cuberta a galosbueu@yahoo.es