Está en marcha a XXIII Semana de Cine Submarino de Vigo. As proxeccións son ás 20:00 h no Centro Cultural Novacaixagalicia e a entrada é libre ata completar aforo.
Hoxe proxéctase Crónicas do mar de Leandro Blanco. Este filme mostra unha recompilación persoal do autor das imaxes mais interesantes filmadas nos seus 25 anos de traballo por todo o mundo. Leandro Blanco (Pontevedra 1949) é un dos realizadores de cine submarino máis importantes do mundo, actualmente traballa para National Geographic Society, e estará como invitado na proxección.
Mañá xoves 28 proxectaranse A vida secreta dos peixes: o raro, o estraño e o descoñecido, de Manuel Lefévre, e Marcados para sobrevivir de Jorge Irisarri e Manuel Uhía. Este documental describe os avances realizados nos últimos anos no estudo de peixes, raias e centolas na costa de Galicia e de quenllas peláxicas no océano Atlántico mediante o uso de técnicas como a telemetría e o GPS. Os invitados nesta proxección serán os biólogos mariños David Villegas e Gonzalo Mucientes.
O vídeo de arriba é o trailer do filme Nas augas do norte ibérico: os rios, de Manuel Pedrosa, proxectado na sesión de onte.