A Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna invita a celebración do XXV Aniversario do I Encontro de embarcación tradicionais:
Comprácenos convidarvos a participar no Evento conmemorativo do XXV Aniversario do I Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrou en Ribeira no 1993, xerme dos que se celebraron a conticuación.
Adxunto envíase a información relativa e de interese para os colectivos da celebración do XXV aniversario do I Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará do 20 ao 22 de xullo e que organiza a Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna.
A xuntanza complementarase coa programación da Festa da Dorna.
Aloxamento
No albergue municipal, situado nunha zona tranquila a menos de 400 metors dos amarres das embarcacións, as liteiras serán asignadas por orde cronolóxico de chegada de inscricións. As instalacións dispoñen de duchas e aseos.
Xantares e ceas
Os xantares e ceas faranse no restaurante Airoa previa reserva do día anterior, a 5 €, a elexir, dous primeiros, dous segundos, café, chupiño e postre.
Serán a cea do venres, xantar e cea do sábado e xantar do domingo. Para as tripulacións que queden ata o día 24 haberá a cea do domingo, e a comida e cea do luns, a comida do 24 será gratuíta na Romería Dorneira.
Reservaranse as comidas e ceas cun día de antelación. Cada asociación deberá indicar o número de tripulantes e xantares que quer reservar.
Embarcacións por terra
Para as embarcacións que veñan por terra e así o indiquen, habilitarase un estacionamento para os remolques. baixada das mesmas na rambla do porto, no caso de precisar guindastre rógase que se indica con antelación para unha mellor xestión.
Enlace de inscricións embarcacións para participar os colectivos e as súas tripulacións.
Preme calquera dos seguintes enlaces e segue as instruccións.
https://chat.whatsapp.com/
WhatsApp Group Invite |
– Programa e navegacións
Venres 20 de xullo
– A partir das 12:01 chegada de tripulacións e embarcacións, amarres e acomode de tripulantes no Albergue.
– Obradoiros e Ambientación musical e gastronómica durante todo o día
20:01 Acto de homenaxe aos coelctivos presentes na I edición do Encontro e agasallos para os presentes no XXV aniversario.
21:31 Cea das tripulacións.
22:29 Concertos
Sábado 21 de xullo
10:00 Reunión de patróns
11:36 Proa a ritmo de gaita
14:31 Xantar das tripulacións
16:00 Reunión de patróns
16:30 Proa a Coroso, navegación pola ría, romería e xogos populares.
21:32 Cea das tripulacións.
22:32 Canción de Tasca
Domingo 22 de xullo
11:00 Navegación libre
14:31 Xantar de despedida das tripulacións (das que se vaian)
16:32 Programación Festa da Dorna
22:29 Concertos
As Tripulacións e Embarcacións que o desexen poderán seguir gozando de dormida e das comidas e ceas ata o 24 de Xullo para seguir disfrutando coa programación da Festa da Dorna
Luns 23 de xullo
11:00 Navegación libre
14:05 Xantar das tripulacións
16:32 Proa ao Touro
20:32 Programación Festa da Dorna
22:29 Concertos
Martes 24 de xullo
11:00 Proa a Coroso
14:05 XXIX Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Propulsadas a Pan de Millo
15:05 Romería e xantar
16:32 Navegación Libre
21:32 Top Secret
00:01 Ópera Dorna
Saúdos Dorneiros!