XXXII Volta á Arousa

Actualización: Por mor da previsión de ventos de mais de 20 nós a ACD Dorna comunica que se suspende temporalmente a XXXII Volta á Arousa. Proximamente farán pública a nova data.

 
O vindeiro sábado 25 de xuño terá lugar a XXXII Volta á Arousa, organizada pola ACD Dorna. Algúns chámanlle a “Volta ao mundo en dorna, outros “Campionato do mundo de dornas”, o certo é que é a proba máis significativa do calendario das regatas de dornas.

A saída será desde a praia do Bao ás 16:00 h con chegada ao mesmo lugar despois de darlle a volta completa á Illa de Arousa. Lembramos que é preciso ter os seguros ao día e as medidas de seguridade precisas a bordo para participar.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.