Presentación da Nova Ardentía 12 en Foz

Imaxe da presentación en Cambados o pasado 25 de agosto.

Despois da boa acollida recibida en Cambados e Esposende, a Nova Ardentía será presentada en Foz no próximo 4 de setembro.

O acto terá lugar na Casa da Cultura Manuel María e dará comezo ás 20 horas. Como ven sendo habitual, serán observadas todas as medidas de hixiene e protección ante a COVID.

Nesta presentación da revista galega da cultura marítima e fluvial, participarán Emilio Xosé Ínsua, coordinador da mesma, e Francisco Fernandez Rei, do consello de redacción, xunto aos colaboradores Chema Leal Bóveda e X. R. Fernández Pacios, así como o alcalde Francisco Cajoto Caserío.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.